Coa colaboración de:

Coa colaboración de:

Coa colaboración de:

É un proxecto educativo para estimular as vocacións matemáticas entre os estudantes de Educación Primaria e primeiros cursos de Educación Secundaria (1º e 2º).

Deseñámolo desde MaReMa, o grupo de innovación docente Materiais e Recursos en Matemáticas da Universidade de Vigo.

Diríxese aos estudantes de terceiro ciclo de Educación Primaria (5º e 6º), primeiro ciclo de Secundaria (1º e 2º da ESO), docentes, familias e estudiantes universitarios que cursen Ciencias da Educación.

Con Te lo cuentan las matemáticas queremos fomentar o gusto e o interese polas matemáticas coa finalidade de xerar vocacións. Para iso, o programa apoia o ensino da materia desde un punto de vista científico, tecnolóxico, atractivo, innovador e complementario aos currículos. Para os estudantes de Educación Primaria e Secundaria é fundamental ter referentes, por iso, entre as actividades de Te lo cuentan las matemáticas celébranse encontros con investigadores/as en matemáticas, visibilizando así a súa profesión.

Ademais, grazas a este programa, tanto os estudantes, como os seus docentes e as familias poderán coñecer a utilidade que teñen as matemáticas para a sociedade.

Te lo cuentan las matemáticas estrutúrase en seis bloques temáticos: Cóntacho a criptografía, Cóntancho as cónicas, Cóntancho os mapas, Cóntancho os códigos, Cóntancho os movementos e Cóntancho os datos. Cada un deles céntrase en contidos e aplicacións das matemáticas como os algoritmos, a criptografía, a astronomía, as telecomunicacións os mapas, entre outros; e en figuras tan relevantes para as matemáticas como: Ada Lovelace, Hipatia de Alejandría, Maryam Mirzakhani, Dorothy Vaughan, Florence Nightingale ou Emmy Noether.

En cada bloque inclúense actividades e talleres (manipulativos e tecnolóxicos), así como encontros con profesionais das matemáticas. Os talleres pódense realizar de maneira presencial e virtual. Os presenciais celébranse nos centros escolares e os contindos tratados ilústranse con aplicacións da vida cotiá, utilizando recursos e estratexias educativas para captar e manter o interese dos estudantes pola actividade. A modalidade virtual está dispoñible a través da área de recursos deste sitio e as redes sociais (facebook, instagram e twitter) de Te lo cuentan las matemáticas. Ademais, na web dispoñemos de recursos descargables e gratuitos para usar na aula ou na casa.

Encontros inspiradores

En Te lo cuentan las matemáticas celebramos encontros con investigadores/as protagonizados por unha figura matemática junior. Con cada un deles preténdese xerar vocacións matemáticas entre os estudantes e visibilizar aos profesionais da investigación matemática.

Cada matemático/a junior convidado relatará o seu percorrido persoal e científico, ademais de contarnos a vida científica e personal de matemáticas de éxito, que sexan referentes nun campo de investigación estreitamente relacionado coa temática que se trata.

Formación específica para docentes

En Te lo cuentan las matemáticas ofrecemos un programa de cursos formativos específicos para docentes. Comunícate con nós escribindo a telocuentanlasmatematicas.admin@uvigo.es e explicaéemosche en que consiste.

Os talleres Te lo cuenta una espía axudarannos a entender a importancia das matemáticas no cifrado e descifrado de mensaxes. Experimentaremos os roles implicados nunha comunicación cifrada: emisor, interceptor e receptor e, ademais de construír unha máquina de cifrado, implementaremos algoritmos en Scratch que nos permitan cifrar e descifrar máis axiña.


No encontro que se vai realizar para celebrar o Día Internacional de Ada Lovelace, centrarémonos precisamente na figura desta matemática, quen é considerada a autora do primeiro algoritmo da historia.

Nos talleres Cóntacho unha programadora coñeceremos distintos tipos de códigos, descubrindo a súa importancia nas comunicacións a longa distancia e axudaremos á policía resolver un caso importante.

A figura da matemática afroamericana Dorothy Vaughan, experta na linguaxe de programación FORTRAN e o proxecto Scout para lanzar satélites ao espacio (desenvolveu a súa carreira na NASA), protagonizará o encontro que celebraremos para conmemorar o Día Internacional de Ada Lovelace.

Nos talleres Te lo cuenta una astrónoma descubriremos as cónicas e as súas particulares propiedades a través de métodos gráficos e, mediante un simulador en Geogebra, amosarase a súa aplicación nas órbitas e o lanzamento de satélites. Con isto destácase a importancia que teñen na comprensión dos movementos dos astros no universo.


Conmemoraremos o Día Internacional das Matemáticas, o 14 de marzo, cun encontro cunha investigadora junior, no que falaremos de Hipatia de Alexandría. Esta matemática e astrónoma, ademais de ser unha experta en cónicas, está considerada como unha das primeiras divulgadoras da historia.

Coa actividade Cóntacho unha artista abordaremos os movementos no plano, descubrindo, a través de métodos gráficos, que todos se poden realizar empregando so traslacións, simetrías e xiros. Ademais apreciaremos a importancia dos movementos no plano na animación por ordenador e crearemos o noso propio GIF, xerando movemento a través dunha sucesión de imaxes.

Co encontro sobre a matemática alemana Emmy Noether, especialista na teoría de invariantes e recoñecida polas súas contribucións nos campos da física teórica e a álxebra abstracta, celebraremos -o 14 de marzo- o Día Internacional das Matemáticas.

O 12 de maio é o Día Internacional das Mulleres Matemáticas e ímolo celebrar con talleres sobre os mapas. Planificando unha viaxe compróbase empiricamente que, ás veces, os mapas engánannos e non serven para calcular correctamente as distancias máis curtas. Ademais, empregando as xeodésicas da esfera, o software Geogebra axudaranos a comprender este feito así como a entender e usar as magnitudes xeográficas latitude e lonxitude.

No encontro cunha investigadora juniorfalarase da experta en rutas máis curtas e xeodésicas, Maryam Mirzakhani, quen tamén foi a primeira muller en recibir a Medalla Fields.

En Cóntacho unha epidemióloga trataremos conceptos de probabilidade e estatística que nos axudarán a escoller as mellores estratexias de xogos de mesa e a asesorar un adestrador de baloncesto na toma de decisións durante un partido.

A protagonista do encontro que celebraremos neste bloque é Florence Nightingale, coñecida por ser a fundadora da enfermería moderna y polas súas importantes aportacións ao campo da estatística. Coas actividades deste apartado celebraremos o Día Internacional das Mulleres Matemáticas. Será o 12 de maio.

Visitas totales: 870